Jolicloud, un UNR GNU/Linux para netbooks

A igual co Moblin ou o Ubuntu Netbook Remix (UNR), o obxectivo do sistema operativo Jolicloud baseado no UNR GNU/Linux é facilitar as tarefas do día-a-día en aparellos pequenos, especialemten netbooks, a través dunha interface gráfica proxectada para obter os mellores resultados de tarefas comúns cunha forte integración coa web e redes sociais.

Jolicloud integra aplicativos online como o Google Docs, GMail ou Facebook cos aplicativos nativos (como o VLC, Gimp, OpenOffice.org…). Con só algúns clics é posible instalar un aplicativo, desaparecendo a distinción entre o que é remoto e o que é local, resaltando o que realmente importa: traballar con documentos e ideas.

Alén disto, Jolicloud almacena de forma segura todas as configuracións da máquina nun servidor remoto. Daquela, se se precisa restaurar unha copia de seguranza (backup) ou até trocar de netbook, bastarían algúns clics e unha conexión á internet para retomar as cousas exactamente no punto onde se parou. Calquera máquina co Jolicloud tórnase a “túa” máquina.

As ideas que levaron á creación do Jolicloud están expresadas no The Jolicloud Manifesto, que tamén ofrece un percorrido de pantallazos deste novo sistema.

Jolicloud é compatible con netbooks de Acer, Compaq, HP, Lenovo, Samsung, ASUS, Dell, Intel e MSI, actualmente está en probas, con versión alpha dispoñíbel só para convidados.

A fonte e máis información.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseJolicloud, un UNR GNU/Linux para netbooks to “”

  1. Diablo 2 Items…

    Hey, I like your design but you should check out the design at my site(A Diablo 2 Items Selling Store) and let me know what you think! #1 Diablo 2 Item Store!…