II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.

O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.

Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.

Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.

Máis información e material promocional:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.