Morfeo oferta cursos gratuitos de Sw Libre

Morfeo Formación e Certificación é un proxecto de Morfeo cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).

O obxectivo xeral do proxecto é o de responder ás necesidades de cualificación en tecnoloxías libres tanto de empresas de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas como de empresas usuarias das mesmas que asegure a mellora das súas competencias individuais e o seu desenvolvemento profesional en solucións libres.

Morfeo conta con diversos socios tecnolóxicos: CELSCAM (Centro de Execelencia de Sw Libre de Catilla La Mancha), Telefónica, ESI (European Sw Institute), ITI (Instituto Tecnológico de Informática), Universidade Politécnica de Madrid, Universidade Rey Juan Carlos, etc.

Algúns dos cursos gratuitos que ofrece Morfeo:

Nota: Inscribinme para probar a plataforma e semella que os cursos darán comezo a partir de setembro a pesares de que o material xa estea dipoñible. Polo de agora só está activo o de Formación a Formadores

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseMorfeo oferta cursos gratuitos de Sw Libre to “”

  1. Boa entrada!! dado que estou facendo o curso de Formador de Formadores aprobeito para apuntarme ao curso que ofrece Morfeo de Certificación de Formadores 🙂 e de paso Migración hacia o Sw libre.

    Veremos como vai…

    S2!