A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre.

Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.

As conferencias serán exposicións teóricas que abranguirán todo este espectro, impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas implicadas e avaladas polos datos e a experiencia que as entidades que representan — administracións, empresas, universidades, asociacións — poden aportar.

O curso está pensado para un público xeralista, en boa medida ca vontade de amosar o xeito en que o Software Libre afecta a toda a sociedade. Partirase das nocións básicas e non son precisos coñecementos previos de ningún tipo. Nembargante, agárdase que o curso sexa tamén de interese para os veteranos no mundo do Software Libre, xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.