Custos de Saída do sw privativo

Velaquí un dos maiores erros de quen computa a relación de custos de solucións libres e privativas. É habitual considerar como custo de migración o custo que supón saír ou abandonar solucións privativas. Grave erro!

É un erro cometido no pasado, xusto cando elixiron opcións privativas sen ter en conta o que custaría deixar tales solucións. De feito isto mesmo é o que hai que facer en dirección e creación de empresas: non só hai que calcular o custo de crear a empresa, a súa facturación anual… senón tamén o que custa abandonar o proxecto e pechar a empresa. É, polo tanto, asunto de sentido común.

Acontece que este erro é trasladado inxustamente á fase de integración de solucións libres, na coñecida como fase de migración, no canto de facelo cando correspondía, é dicir, na hora da adopción de solucións privativas como parte do seu TCO (Total cost of ownership, custo total de propiedade).

A abrumadora maioría das solucións privativas non empregan estándares abertos, algo que no Software Libre é unha regra practicamente unánime. En consecuencia, outro factor positivo a ter en conta á hora de adoptar solucións libres é o seu practicamente nulo custe de saída.

Por se o sentido común non abondase, deixo o que reflicte o coñecido Plan de Actuación do Goberno Británico para a adopción do SwL. Textualmente o Plan sinala no punto 5:

    Non–Open Source Software

  • The Government will, wherever possible, avoid becoming locked in to proprietary software. In particular it will take exit, rebid and rebuild costs into account in procurement decisions and will require those proposing proprietary software to specify how exit would be achieved.

Souben deste importante matiz por un fío das listas de Hispalinux.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.