Tuneando OpenOffice.org con OoConfig

Thorsten Berens, desenvolvedor de OpenOffice.org para Novell, presentou na pasada OOo Con 07 de Barcelona un prototipo de visor/editor dos parámetros de configuración internos de OpenOffice chamado OoConfig.

Feito en Python, parsea os ficheiros XML de configuración de OOo e amósanos os valores de cada parámetro nunha folla de cálculo OOo-Calc. Hai varias columnas, indicando nome da variable, tipo de datos, explicación detallada da súa función e valor. O obxectivo de OoConfig é similar ao about:config do Firefox dado que permite modificar valores de OOo agochados.

Xa está dispoñible para a súa descarga unha versión de probas desta ferramenta, nomeadamente ooconfig.oxt.

Fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.