Instalación limpa de Ubuntu desde mini.iso

Carlos Campos é un consultor informático, tamén  usuario e activista de Arch Linux, distro considerada idónea para persoas con sólidos coñecementos e cunha xestión de paquetes propia. Porén, probando Ubuntu, el mesmo sinala: “percebi que se bem configurado (a começar pela instalação) ele pode ser uma distribuição muito boa, ao contrário do que a maioria dos chamados usuários “avançados” possam dizer“.

Deixo aquí os pasos a dar para facer unha instalación limpa:

  1. Baixar a mini.iso da versión Ubuntu Jaunty (11 MB)

ou tamén, se prefires comezar a instalación desde unha chave USB

  1. Baixar a imaxe boot.img.gz para pendrives (11 MB)
  2. Grava a imaxe en CD/pendrive e arranca por ese dispositivo. No caso de USB podes gravala executando: zcat boot.img.gz | sudo dd of=/dev/sdb
  3. Na primeira pantalla dalle a INTRO
  4. Escolle “Advanced options
  5. Na seguinte escolle “Expert install
  6. Elixe o idioma en “Choose language” e, para o país, escolle España para que se corresponda co teu teclado
  7. Elixe logo o teu correspondente “locales
  8. Selecciona agora a configuración do teclado e deixa o resto das opción como están por defecto (fontes da consola, etc)
  9. Detección do hardware de rede (podes elixir módulos USB e PCMCIA se fora necesario)
  10. Configurar a rede
  11. Escoller o mirror do Ubuntu
  12. Importante: elixe “Download installer components” para baixar os paquetes necesarios para instalación
  13. Configura a hora. Convén usar NTP e seleccionar a zona horaria
  14. Detect discs“, aquí tamén podes seleccionar algúns módulos se fora necesario
  15. Particiona o disco, manualmente ou déixao facer ao instalador
  16. Install the base system” para que o sistema básico se instalado. Hai unha cuestión sobre o kernel, sendo linux-generic un dos máis apropiados
  17. Tipo de initrd: con todos os drivers ou só os necesarios para o sistema. Podes escoller a segunda opción “targeted” para que sexa máis axustado
  18. Contrasinal para o root e creación de usuario.
  19. Habilitar “shadow” no arquivo de contrasinais. Tamén podemos optar por cifrar o home dos usuarios.
  20. Configurar APT onde podes habilitar todos os repositorios.
  21. MOI IMPORTANTE: salta a etapa “Select and install software” dado que, aínda que non selecciones ningún paquete, o instalador poría máis de 100 paquetes que non son necesarios. O sistema básico xa foi instalado nun paso anterior, e está plenamente funcional.
  22. Xestor de arranque, grub ou lilo. Se optas por grub, de novo terás que escoller entre grub2 ou grub.
  23. Feito iso, escolle “Finish the installation
  24. Reinicia o teu Ubuntu limpo, loxicamente sen Xorg ou calquera ferramenta de configuración pois todos os paquetes deberán ser instalados manuelmente.
  25. Para instalares o escritorio GNOME fai cmo ‘root’:

# aptitude install -R xserver-xorg-core xserver-xorg-input-kbd xserver-xorg-input-mouse xserver-xorg-video-XXX xfonts-75dpi xfonts-100dpi gnome-core gdm

(con XXX o que corresponda coa túa tarxeta gráfica)

Carlos Campos tamén fixo unha galería de imaxes paso-a-paso. Outros tipos de instalación están ben descritas na documentación que ofrece Ubuntu e até videos.
Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

2 ResponsesInstalación limpa de Ubuntu desde mini.iso to “”

  1. Bo artigo!!

  2. Gardei estes pasos aquí porque case seguro que farei unha instalación limpa na seguinte versión 😉