Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que “tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio“. Podes comprobalo neste video:

[gv data=”G7K0Qhw0TWo”][/gv]

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que “Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal“.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada “Cláusula Mariposa“. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da “Cláusula Bolboreta”. A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

5 ResponsesXenocidio, GNU e Clásula Mariposa to “”

  1. Deberian poder usar software libre os gobernos que practican xenocidio?…

    Post que recolle un debate sobre se a licenza GPL se deberia ampliar para ter en conta casos de uso por parte de gobernos que practiquen xenocidio e incluso usos militares. Hai unha iniciativa, a *clausula bolboreta* http://www.clausulamariposa.es/ que…

  2. Hola.

    Sólo una precisión…

    El GENOCIDIO no es “un uso militar”. Un uso militar, por ejemplo, es utilizar Software Libre en un arduino que guíe un misil tierra-aire fabricado en España para defendernos de los piratas que quieren robar nuestros pecios.

    Eso sería un uso militar LEGÍTIMO. Nuestro país tiene derecho a la defensa y a la utilización del software libre para ello, y así me consta, lo usa.

    Valiente defensa tendríamos si sólo usásemos Windows.

    Pero otra cosa es que un tirano esté exterminando a un pueblo o a una etnia. Esto es totalmente ILEGÍTIMO e ILEGAL, y nadie tiene derecho a hacerlo utilizando NADA, ni software libre, ni privativo, ni misiles guiados por software libre, ni bates de béisbol, ni ramas de higuera. NADIE TIENE DERECHO A HACERLO Y, más importante aún, NADIE PUEDE OTORGAR TAL DERECHO.

    Es más, si alguien otorga ese derecho, por ejemplo en un contrato de cesión de software, podría estar cometiendo APOLOGÍA DEL GENOCIDIO.

    Dicho esto explicar que la cláusula no restringe ningún derecho, ni modifica la GPL (que no otorga tales derechos) ni prohíbe nada. Sólo es una cláusula de conciencia que permitiría actuar internacionalmente contra los bienes de un GENOCIDA.

  3. Paréceme que ou este señor non entendeu o que lle explicaron no seu momento sobre esa cláusula ou non quere entendelo. Paréceme máis ben o segundo xa que da a impresión que a súa opinión está viciada por algún motivo que pouco ten que ver co asunto e con isto refírome a esas pullitas que solta sobre o abogado e sobre Hispalinux.

  4. Hola Jorge,

    Mencioné lo de “fines militares” tan sólo por experiencia personal al cuestionar sobre esto a RMS. Genocio, está claro, es otro tema.

    Sí, totalmente de acuerdo y así quise darlo a entender pero quizá no me experesé bien o tu “gallego” es aún incipiente 🙂

    Apertas, RB

  5. Olá Eskorpio,

    Coma ti, non sei se esa personaxe non entendeu ou non quixo entendelo. O que si vexo en xeral en certas persoas, acérrimas defensoras de GNU, é unha miopía “comunal”. Só son quen de ollar unha ladeira da montaña, mais a realidade, a montaña, ten moitos, infinitos puntos de vista, todos eles certos pois son persoas as que están a ollar a mesma montaña.

    Por exemplo. A “4ª liberdade do SwL” ben pode ser entendida por alguén como unha cláusula restritiva pois impón a obriga de manter a mesma licenza, si, libre. Tanto é así que é coñecida como “clásula vírica“.

    Como di o meu pai (dito popular): “O importante non é que teñas razón, senón que cha dean” (nun xuizo, por exemplo).

    Apertas, RB