Obama reformará a política de patentes

Obama vén de nomear a David Kappos, o vice-presidente e conselleiro xeral da IBM, para encabezar a Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (U.S Patent and Trademark Office – USPTO -).

Este nomeamento é particularmente salientable, non só porque IBM amosa atitudes moito máis a prol do Código Aberto cás súas rivais, senón porque o propio Sr. Kappos tamén está moi a prol e até foi descrito como”crítico coa visión americana de políticas de patentes“.

Kappos, avogado e enxeñeiro eléctrico e informático, sabe que apoiar o Código Aberto significa que “non é doado reconcialialo coa estratexia tradicional da Propiedade Intelectual, pero estamos convencidos que ese é o camiño cara onde ir no futuro” referíndose daquela a IBM.

É máis ca probable que Obama vaia reformar o actual modelo de patentes dos EE.UU toda vez que Kappos xa escribira para BusinessWeek no 2007 un artigo co clarificador título “É hora dunha reforma das patentes“.

Fonte (vaia, acabo de velo tamén en Menéame.net).
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.