Linux suma outros 4 supercomputadores na lista top500

Souben por Eskorpio da publicación da nova lista dos 500 maiores supercomputadores do mundo feita por top500.org para o primeiro semestre de 2009.top500_sistemas_operativos-20090623

Desta vez, seleccionando por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, “Linux” rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra total a 443, o cal supón o 88,60 %.

É obvio que, se a esa cifra engadimos outros como OpenSolaris ou *BSD, o montante total do SwL sube ata o 89%. Supera esa barreira se se consideran tamén os sistemas mixtos…
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseLinux suma outros 4 supercomputadores na lista top500 to “”

  1. […] sistemas operativos agrupados na categoría “Linux” entrou na lista en 06/1998 e desde entón ata hoxe o seu crecemento foi abraiante. […]