Xornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi

Este ano OuSLi volve a celebrar as Xornadas sobre “Programación Web en Software Libre”.

A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo … ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir!!.

Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:

  • Elixe o programa: Neste apartado poderas votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elexidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
  • Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
  • Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademáis coñeces alguen que poida dar a conferencia refléxao na descripción. ¡¡Envía a túa proposta!!.
  • Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calqueira dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!

A data límite para o envío de propostas e Call for Papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59.

asennadas

One ResponseXornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi to “”

  1. Como sempre Brenlla, votando unha man polo software libre en galiza. Moitas grazas pola túa difusión do evento.
    Sin dúbida es un crack!
    Apertas.