Teambox, xestión colaborativa de proxectos

A plataforma Teambox permite organizar grupos de traballo gratuitamente na súa versión hosted, sen máis que crear unha conta de usuario e invitar ao resto do grupo. Tamén está dispoñible para instalar no teu propio servidor na súa versión libre con licenza Affero GPL v3.

En Teambox, a diferenza de Google Docs, a unidade básica é o proxecto e non o documento. Cada proxecto contén conversacións, listas de tarefas e un pequeno wiki (páxinas compartidas). Tamén conta con chat de grupo, capacidade de subida ilimitada e notificacións de correo-e.

Integralo nunha organización existente é moi sinxelo, ao poder enviar mensaxes e responder a unha dirección tipo proxecto@teamboxapp.com.

A startup acaba de recibir unha rolda de capital semente para ofrecer un software de calidade en código aberto. O modelo de negocio baséase en ofrecer valor engadido nas versións hosted (100% gratuíta coas súas características actuais) e os servizos de instalación e mantemento a empresas nas súas versións personalizadas.

O concepto de SaaS (Software As A Service) non é novo na xestión de proxectos. Por iso foi necesario innovar no modelo de negocio e o produto. Teambox ofrécese polo momento en castelán e inglés, e proximamente lanzará máis idiomas.

Souben desta plataforma por Jorge Fuertes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.