No 2012 o 90% das empresas usarán Open Source

Segundo sinala a consultora Gartner, en poucos anos case que todos os negocios usarán tecnoloxías Open Source, até naquelas onde os xestores de tecnoloxía prefiren falar de termos de moda como o SaaS (software as a service).

Ao redor do 2012, máis do 90 por cento das empresas usarán open source de xeito directo ou embebido. Quen rexeite o open source por razóns técnicas, legais ou empresariais terán que atoparse a se mesmos usando open source en vez de opoñerse.”

Porén, Gartner argumenta que a nível de sistema oprativo, o uso de Linux está a amosar menores beneficios en TCO (total cost of ownership, custe total de propiedade), polo que “Moita da dispoñibilidade, xestión e custes de licenzas de SXBD (Sistemas Xestores de Bases de Datos) seguirán a ser proprietarios“.

Mark Taylor, presidente do grupo de promoción Open Source Consortium, cre que Gartner está a infravalorar a penetración do open source, sinalando que “Todo o mundo está a usalo a cotío en servizos como Google.

Podes ler o resto do artigo (en inglés).

asennadas

Os comentarios están pechados.