Bolsa de Londres abandona plataforma M$

Quen fora tolo dabondo para crer que o software de Microsoft era suficientemente bo para ser empregado en operacións de misión-crítica recibíu unha boa bofetada este pasado setembro cando o sistema Windows TradElect da LSE (London Stock Exchange) levou ao mercado a unha parada de case unha xornada laboral enteira. Aínda que a LSE negara que o colapso fora debido ao TradElect, tamén rexeitaron explicar cal foi realmente o problema. Fontes da LSE dixéronme ese día que o problema foi o TradElect“.  Así da comezo o artigo de Steven J. Vaughan-Nichols anunciando o definitivo abandono do sistema da LSE.

Ese parón provocou a saída do posto da xerente desta Bolsa responsable da incorporación desa tecnoloxía, Clara Furse. Pola contra, sábese que o novo CEO (xerente), Xavier Rolet, xa decidiu poñer fin a TradElect.

TradElect funciona en servidores HP ProLiant executando Window$ Server 2003, sendo un software mestura de programas feitos en C# e .Net, todo ilo creado por Micro$oft e Accenture. O conxunto confiaba as transaccións na base de datos M$ SQL Server 2000. O obxectivo era manter tempos de resposta menores a dez milisegundos.

Ese obxectivo xamais chegou a acadarse. Aínda peor, a principal competidora, a rival Chi-X coa súa plataforma MarketPrizm confirmou que si foi capaz de entregar este nivel de rendimento. “A resposta é Linux“.

Steven engade “Só podo preguntarme cantos fallos máis de software empresarial feito para Window$  hai e mantéñense agochados polos departamentos TIC de empresas que non queren revelar que estúpidas foron as súas decisións ao confiar en solucións de software de Window$ que probaron ser arcaicas e irritantes“.

Finlamente, Steven suxire que confíe a súa infraestrutura en Linux xa que logo a tecnoloxía Chi-X está a demostralo en CME (Chicago Mercantile Exchange), NYSE (New York Stock Exchange), etc.

Nótese que Chi-X ofrece unha solución tecnolóxica aberta e estandarizada maila ser privativa, que se executa sobre GNU/Linux.

Souben deste artigo por Fernando Acero.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.