GP2X Wiz, consola feita con Sw Libre

Unha consola de peto con Software Libre fabricada en Corea do Sur procura abrir un oco no xa de seu apertado mercado destes trebellos. Batizada co nome de GP2X Wiz, ofrece as mesmas prestacións que calquera das ‘ raíñas ‘ do entretemento dixital portátil: reprodución de boa parte dos formatos multimedia, pantalla táctil, conexión WiFi e unha oferta ilimitada de xogos.

Israel López, informático que participou na construción e mellora desta consola pasou polo “Curso Internacional de Verán da Universidade de Estremadura: Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre“, contribuíu ao desenvolvemento dos primeiros prototipos desta consola e ao deseño dun dos xogos incluídos no seu recente lanzamento ao mercado internacional.Participou ademais na mellora de determinados elementos do hardware.

A principal virtude desta consola segundo López é o feito de dispor dunha arquitectura aberta que permite a cada usuario programar as súas propias aplicacións, en lugar das particulares blindaxes que establecen os fabricantes de PSP ou Nintendo DS, como a necesidade dunha autorización por parte destes fabricantes e unha confusa burocracia para poder participar na programación de xogos. Ademais pódense descargar xogos de forma legal e gratuita. Son varias as tendas que venden a GP2X Wiz a un prezo que oscila entre os 150 e os 160 euros.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponseGP2X Wiz, consola feita con Sw Libre to “”

  1. […] Este curso de verán desenvolveuse en Almendralejo (Badaxoz) e del xa comentei outra novidade, nomeadamente a GP2X Wiz, unha consola feita con Sw Libre. […]