OuSLi, II Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas á colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 11 de Abril.

Nas xornadas colaborará Mancomun.org mediante a realización de dúas charlas sobre tradución de software e aplicacións libres para a PEME.

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30 – Wiki: Uso de ferramentas colaborativas a través de web.Descrición: Tralo auxe da web 2.0, cada vez son máis empregadas as ferramentas colaborativas, exemplo delo é a Wikipedia. Na charla amosarase o proceso de instalación, configuración e uso dun sistema wiki.

    Poñente: Enrique Estévez Fernández.

  • 9:30 – Seguridade en GNU/LinuxDescrición: A seguridade é un punto clave da informática e que ten unha especial relevancia e actividade no mundo de GNU/Linux. Na charla exporase distintas técnicas para garantir a seguridade en sistemas empregando software libre.

    Poñente: David Martínez Carballo.

  • 11:30 – Tradución de software libre ó galego.Descrición: Unha das ventaxas do software libre é a posibilidade de personalizalo e adaptalo ás distintas culturas e idiomas. Durante a charla ensinarase a traducir software libre ó galego a través de casos prácticos.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 12:10 – Filtrado de correo SPAMDescrición: Na charla exporanse distintas técnicas de filtrado de correo SPAM, e amosarase o funcionamiento dos protocolos SMTP, POP e IMAP.

    Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo.

  • 13:20 – Ferramientas de Software Libre para a PEME.Descrición: Mancomun.org lanzou o CD “Ferramentas informáticas para a PEME”, no cal se recopila software libre enfocado a PEME. Na charla presentarase o CD e faranse demos sobre o mesmo.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 14:00 – Achegando o mundo de GNU/LinuxDescrición: ¿Que é o software libre? e o seu estado actual. Como alguén pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes contronas de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reprodutores de música…

    Poñente: Antonio Martínez Carballo.

As xornadas están abertas a calquera que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de Espourense.

Máis na web de OuSLi.

asennadas

Os comentarios están pechados.