UEx desenvolverá xogos educativos e libres

A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que “dentro dun ano” darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular.

Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán “Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre” incidindo na idea de mesturar o entretemento coa educación, e “non ver os videoxogos como algo obrigatoriamente prexudicial para a educación do neno“, segundo o profesor da UEx Francisco Fernández de Veiga, quen subliñou que a industria dos videoxogos move na actualidade “ata máis cartos” có cine.

En concreto, Chapas e é unha recreación do tradicional xogo popular, consistente en realizar un itinerario xunto a varios xogadores da forma máis rápida. A principal peculiaridade é que o camiño que debe percorrer cada usuario é un itinerario repleto de preguntas sobre Historia.

[gv data=”B0SBQM64PSg”][/gv]

Ademais, os investigadores da UEx están centrados na mellora tecnolóxica da coñecida como “realidade inventada“. Baixo este termo acuñouse unha liña que persegue o uso dos videoxogos máis aló do computador.

Este curso de verán desenvolveuse en Almendralejo (Badaxoz) e del xa comentei outra novidade, nomeadamente a GP2X Wiz, unha consola feita con Sw Libre.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.