GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.

GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego

Segundo as palabras da presidenta de Microsoft Ibérica que subliñou sobor os seus produtos que “este software permite extender el uso del gallego a través de las TIC y forma parte de la intención de la empresa de «adaptar» sus productos a todos los idiomas, algo que espera que sus competidores imiten porque «significará que ellos también aceptan el gallego como lengua cooficial”, pódese extraer que non considera ao sistema operativo de GNU/Linux coma competidor xa que xa estaba traducido antes que calquera dos sistemas operativos da multinacional.

Na foto amosada aparecen Carlos Rodríguez, o xerente de TEGNIX e actual presidente de GALPon, xunto a Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, ambos felices e “contentos”… Ademáis, no álbum de imaxes, pódese ver a Pedro Silva de AGNIX e Miguel Bouzada de GALPon no acto.

Vía Carlos, publicado en GALPon.

 

2 ResponsesGALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa to “”

  1. pero isto que é???? que fai Carlos ca presi do gran mostruo… e encima estan a sorir…. iso é o que lle chaman os ingleses un… OWNED!!!

    Non me gusta esa foto!! que quede claro ao fin e ao cabo é publicidade para o mostruo.

  2. Era ela a que non sabía con quen estaba! Daquela as risas de cada quen teñen motivos ben diferenciados … 😀