Google Chrome OS, sistema operativo

Tralo esforzo feito nos últimos anos por Google para desenvolver un máis ca competente conxunto de aplicacións baseadas na web e maila presentación de Google Chrome hai nove meses, finalmente é oficial: Google está desenvolvendo o seu propio sistema operativo, chamado Google Chrome Operating System ou Google Chrome OS.

A nosa intención é volver pensar o que debería ser un sistema operativo“, din no anuncio oficial Introducing the Google Chrome OS.

Trátase dun sistema operativo lixeiro, de código aberto, pensado inicialmente para ser executado en netbooks, aínda que nada impediría velo en calquera tipo de máquina nun futuro próximo, xa que está deseñado para correr en procesadores x86 e ARM; Google está xa traballando con diversos socios para pór máquinas no mercado con Google Chrome OS a mediados do ano que vén.

A idea é dispor dun sistema lixeiro que arrinque moi rapidamente e que permita aos usuarios un acceso practicamente inmediato aos seus datos, que vivirán na nube (Cloud Computing). Para iso utilizará un núcleo Linux cun sistema de fiestras e Google Chrome como “casa” das súas aplicacións.

Souben disto por Iñaki Quenerapú quen sinalou esta fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.