Costa Rica tamén vai cara SwL

Souben por Roberto Santos que a Comisión de Ciencia e Tecnoloxía da Asemblea Lexislativa aprobou un proxecto de lei para que o Estado costarriqueño empregue Sw Libre.

A aprobación deuse a semana pasada, tramitado baixo o expediente 16.912, que textualmente di: “Todas as institucións e empresas do Estado empregarán Software Libre nas súas diferentes opcións, nos seus sistemas de información e no manexo dos datos, garantindo o respecto aos dereitos da propiedade intelectual“.

O texto agrega que o software privativo só utilizaríase como unha excepción por motivos de seguridade ou incompatibilidade.

Soamente entre o 2003 e o 2004, o Goberno central gastou ¢5.000 millóns (colóns costarriqueños, aproximadamente uns 6,42 millóns de euros) en licenzas para poder operar programas informáticos privativos. Outros estamentos públicos como o Instituto Nacional de Seguros informou de que só no 2007 orzou máis de ¢650 millóns para licenzas (830.000 euros).

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

3 ResponsesCosta Rica tamén vai cara SwL to “”

  1. «o software privativo só utilizaríase como unha excepción por motivos de seguridade…» ¿¿?? non acabo de pillalo…

  2. A verdade é que me pasou o mesmo ca ti. Coñécese que a persoa que escribiu ese artigo non sabe suficiente do tema…

  3. […] C100 razones por las que linux es mejor que windows | Cambia de S.O.Sobre el blog Viajes Escocia | ViajesEscocia. Guía para Vivir y Viajar por EscociaReporte Confidencial, Nuevo curso de Alvaro Mendoza. | elcosariodotcomComunicado DMG enviado por David Murcia Guzman 19 enero | WWW Para Conseguir la Salud y Ganar Dinero comlaico en accion asennadas […]