A prol do Sw Libre, sempre!

A prol do Sw Libre, sempre!

Moitas persoas levamos anos loitando activamente e con teima a prol do Sw Libre. Porén, queda tanto para acadar ese obxectivo! Daí que nos aledemos moito por cada logro atinxido, como compensación a tanta fe e esforzo.

Antes de 2005 nin iniciativas políticas había, agás as actuacións testimoniais dalgúns concellos, centros de formación ao profesorado e pouco máis. Maila ausencia de apoios oficiais, facíanse xornadas de difusión, traducíase software, nacían GUGLs (Grupos de Usuari@s de GNU/Linux), consolidábanse as primeiras empresas forncedoras… todo un conxunto de ítems que axudaron a que as diversas forzas políticas levaran ás eleccións autonómicas, evidentemente en distinto grao de intensidade e credibilidade, propostas a prol dos estándares abertos e o SwL.

A partires de 2005 sucedéronse excelentes novas. No acordo de goberno acadado polo bipartito facíase mención expresa tanto o SwL como os estándares abertos. “Será certo? Serán só declaracións?“, pensábamos con ansiedade.

Trocamos ansiedade por paciencia cando agardamos un ano completo polo nacemento da ben querida mancomun.org en maio de 2006. Logo viñeron PEGSI, Rede de Dinamización, o contundente apoio á língua, o diálogo cos diversos axentes da comunidade e outras moitas emblemáticas actuacións. Moitas positivas, todas mellorables, algunhas até criticables pero non temo errar ao afirmar que a valoración xeral en canto ao SwL foi positiva maila vir todo dunha única consellería.

Do lado desesperanzador véu a nulo cumprimento do PEGSI dentro dos propios órganos do goberno bipartito da Xunta. Proba dilo é que o sw privativo aínda está a imperar na abrumadora maioría dos escritorios, a documentación interna manexada segue sendo intercambiada con formatos pechados e a integración de SwL apenas deixa de ser testimonial. O que hai neste eido é máis debido á teima de individualidades que ás decisións firmes de quen lle competía facelo.

Máis no meu outro blog.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.