Canto gasta a Administración en software?

Javier de la Cueva reflexiona sobre este dereito da cidadanía. De la Cueva sinala que no Consello de Ministros do 31 de xullo de 2009 publicouse un “ACORDO polo que se formalizan os criterios de distribución, así como a distribución resultante, para o ano 2009, dos créditos orzamentarios para a aplicación do programa Escola 2.0, aprobados pola Conferencia Sectorial de Educación“.

Que di ese acordo? En esencia, e para resumilo, distribúe os 100 millóns de euros que se destinan “á transformación nos vindeiros catro anos das aulas tradicionais de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria en aulas dixitais dotadas con pizarras dixitais e conexión inarámica a Internet, nas que o profesorado disporá dun ordenador portátil e nas que cada alumno traballará cun ordenador persoal ultraportátil“.

Relaciona esta nova co anuncio do recente borrador (22 de xullo 2009) de Novo Plan Xeral de Contabilidade Pública. Nos documentos presentados como borrador, omítese especificar unha conta para os gastos en software. Podes constatar esta ausencia na páxina 431 da parte cuarta do borrador do plan de contabilidade pública. Na norma vixente ata a data, tampouco figura unha conta para este gasto en propiedade intelectual.

Polo tanto, non hai xeito de saber canto gasta a Administración central en software, xa que non hai unha conta para anotar devandito gasto. Malia que si existe unha conta para a propiedade industrial (conta 621) non existe para a propiedade intelectual e os gastos por este concepto anótanse noutras contas, tales como gastos de oficina ou suministros, ou se integran sen máis no prezo do equipo“.

De la Cueva razona que “para estar aberto ás posibilidades da tecnoloxía primeiro ha de coñecerse o seu custo. Sen ese dato, non é posible tomar nin decisións correctas nin incorrectas, xa que só é posible tomar decisións cegas. Dos cen millóns de euros, a decisión de implantar un sistema operativo privativo ou un de software libre terá un custo económico en licenzas, custo que descoñeceremos ante a inexistencia da conta na contabilidade pública“.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Os comentarios están pechados.