3º Hack Meeting GNU/Linux en Ferrol

Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26
Mañá

  • 11:00hs. – Presentación das Xornadas. “Que é o Software Libre?”
  • 11:15hs. – Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
    Como empezar con GNU/Linux, vantaxes e dificultades….
  • 12:00hs. – INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartíndoo ou non con Windows.
    Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo… Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar…

Tarde

  • 16:30hs. – Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus…
    Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, cartaces e o que queiras!!
  • 19:00hs. – Ferramentas libres para streaming de audio e video.
    Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de radio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe…

Domingo 27
Mañá

  • 11:00hs. – LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
    Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois vén a velo!!!
  • 12:00hs. – A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.
    Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade.

Tarde

  • 16:30hs. – Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.
    Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!

Vén co teu computador!!!!

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.

Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg

Os comentarios están pechados.