GP Italia, venres – 20090911

Previo

Moitas novas neste tempo entre GPs. Aínda que en principio o máis importante debería ser a confirmación do patrocinio do Banco Santander a Ferrari por cinco anos, realmente a noticia estrela é a denuncia feita por Nelsinho Piquet perante a FIA polo acontecido no GP de Singapur de 2008, aquel no que Alonso dominou en adestramentos pero na calificación o seu monoposto tivo unha falla mecánica e obrigou ao asturiano a sair moi atrás e cunha estratexia agresiva. Naquel no que Alonso sairía moi leve, abastecería na volta 12ª e grazas a un inesperado accidente de Nelsinho e maila saída do pace car recuperou moitas prazas e, sen desemerecer a súa abraiante carreira, rematou gañando ese GP. Todas as fontes subliñan que Alonso non sabía nada desta historia, algo que é confirmado polo propio piloto.

Pois be, tes a tradución completa (ao pt-br) da declaración feita por Nelsinho ante a FIA. Nela o fillo do tri-campión brasileiro di que tal accidente foi proposto pola dupla Flavio Briatore e Pat Symonds. Até confirma que Briatore lle deu as grazas ao remate dese GP. Tras isto a FIA abriu oficialmente unha investigación na que as partes declararán o vindeiro 21 de setembro. Pola súa banda, o compatriota Rubinho alfineta en Nelsinho afirmando que “Se fez isso, não merece estar no esporte“. Outro brasileiro, o presidente de Renault, Carlos Ghosn, ameaza con procesar a Nelsinho tralo resultado da reunión da FIA.

Noutra orde de cousas, o pobre espectáculo dado por Badoer defendendo as corres de Ferrari provocou un monte de novas especulacións dunha anticipada entrada de Alonso na Scuderia. Maila todo isto non aconteceu pois o elixido foi Fisichella. Tamén soaron os nomes de Kubica e até o de Rossi. Sexa como fora, Fisico estará actuando como primeiro piloto nos derradeiros cinco GPs de 2009 porque agrárdase que Massa xa estea plenamente efectivo para o primeiro GP de 2010.

Outros asuntos chamativos foron, en breve, o suposto interese de Marcedes en ser accionista maioritaria da Brawn, o regreso de Williams e Force India á FOTA, a procura de compradores da escudería BMW-Sauber, a confirmación de que Renault empregará o KERS en Monza, a contratación de Liuzzi en Force India, a elevación dos bordos das chicanes de Monza ou que Alguersuari fixo unha frustada tentativa no campionato do mundo de karts categoría KZ1 onde gañou, unha vez máis, a gran promesa belga Jonathan Thonon.

Adestramentos

Agás os sustos de Hamilton e Timo Glock provocados polas elevadas cebras das chicanes, todo transcurríu con normalidade. Os resultados da primeira sesión foron HAM KOV SUT ALO (4º) HEI BUE BUT FIS WEB RAI (10º)  KUB BAR ROS NAK GRO LIU ALG VET TRU GLO. A velocidade máxima foi atinxida por Alguersuari a 344.1 km/h, seguido polo seu compañeiro de escudería.

Os segundos adestramentos tiveron este resultado: SUT GRO ALO KOV KUB GLO HEI RAI NAK BUE (10º) HAM LIU WEB ALG (15º) BAR ROS VET BUT FIS

3 ResponsesGP Italia, venres – 20090911 to “”

  1. Vaia duas semanas: o de Piquet,o de Fisichella…e aínda queda a carreira e unha posible rolda de prensa en Ferrari,en fin, con respecto ao caso Piquet-Briatore -Symons creo que Piquet leva algo de razón en que Briatore sabe moito de negocios pero non tanto de F1 porque creo que como moitos o que ve é un negocio non un deporte (son un “bohemio” que cre nunha F1 sen tanto negocio:)),pero esto parece algo esaxerado, quen sabe.Con respecto a Fisichella alegrome por el, pero non houbera estado mal ver a Rossi en “acción” :).Un saúdo.

  2. Si, este será un ano para lembrar… en negativo en moitos aspectos. A interpretación técnica do regulamento (difusores si ou non) e a tardía resposta da FIA sobre o tema, a ameaza de escisión FOTA para crear un novo campionato… e agora o caso Piquet.

    A ver se remata ben todo.

    Saúdos!

  3. keylogger…

    asennadas » GP Italia, venres – 20090911…