GP Italia, sábado – 20090912

Previo

Durante os adestramentos de onte sabíase xa que Renault e Briatore deron comezo unha acción criminal contra os Piquet, pai e fillo, e até houbo comentarios sobre a vida persoal de Nelsinho. Tamén onte, o xornal brasileiro especializado no mundo do motor Grande Prêmio ofrecía un amplo e elocuente artigo co diálogo mantido entre o observador da FIA Herbie Blash e e Pat Symonds xunto á telemetría do que aconteceu no accidente e até un resumo do diálogo entre os boxes e o s pilotos de Renault.. A conclusión dese artigo é a confirmación da FIA de que “existe unha evidencia que, en xeral, suxire que o choque de Piquet foi deliberado e facía parte dun plano destinado a asegurar un benefício para o equipo, en que polo menos un membro da cúpula de Renault foi cúmplice“. É dicir, a FIA cre en Nelsinho.

Fóra disto, cabe dicir que Schumacher extende o seu acordo con Ferrari e sinala que disfrutou de participar no desenvolvemento do Ferrari California, o 430 Scuderia e o novo 458 Italia que será presentado o vindeiro martes no Frankfurt Motor Show.

No eido estritamente deportivo, Alonso afirma que precisa gañar de novo canto antes e que neste GP as posicións finais poden decicirse por décimas. Alguersuari está comprobando o duro que é pilotar un F1 neste trazado pois é o máis rápido e polo tanto con mínimo apoio aerodinámico.

Fisico estreou o seu Ferrari nos adestramentos libres da mañá saíndo na Parabólica o cal deixoulle como o derradeiro desta etapa. Resultado: SUT BUT HEI BAR HAM KOV LIU ALO (8º) GLO KUB (10º) GRO RAI TRU NAK BUE ROS WEB VET ALG FIS. Alguersuari semella que tivo problemas na caixa de cambios e deu mesno da metade das voltas que o seu compañeiro.

Cualificación

Na Q1 quedaron fóra GLO NAK ROS BUE ALG e tivo o seguinte resultado: RAI HAM BUT BAR KOV VET SUT LIU HEI ALO (10º) WEB FIS GRO KUB TRU

Na Q2 quedaron fóra TRU GRO KUB FIS HEI e pasaron á final BUT HAM BAR SUT LIU WEB RAI ALO KOV VET.

A cualificación da Q3 deixou a seguinte grella de saída: HAM SUT RAI KOV BAR BUT LIU ALO (8º) VET WEB (10º) TRU GRO KUB FIS HEI GLO NAK ROS BUE ALG

Os comentarios están pechados.