GP Italia, domingo – 20090913

Previo

Comezando polos pesos de saída cabe mencionar que Alonso sae bastante cargado pero coido que desta vez haberá que descontar o  peso do KERS. O máis cargado de entre os dez primeiros é Rubinho aínda que pode ser penalizado con cinco posicións por mor dun posible troco na súa caixa de cambio danada tralo incendio que tivo o motor ao remate de Spa. Nun recente comunicado, Brawn confirma que Barrichello non trocará a súa caixa. No grupo entre el, o quinto, e o noveno (VET)  apenas hai centésimas.

Alguersuari pecha a grella por tempos pero faríao igualmente pois tivo que trocar a súa caixa de cambios. Daí que diga: “desexo que chova como no ano pasado e así tería máis opcións. Tocarame cantar esta tarde“. A posibilidade de choiva existe e máis tendo en conta que a primeira carrareira da GP2 celebrouse onte á tarde baixo unha arroiada.

Para rematar este previo dicir que tralas protestas dos pilotos a organización decidiu baixar os bordos da primeira chicane.

Carreira

Mailos presaxios de choiva, a carreira da comezo en seco. Alguersuari sae dende a liña de boxes porque tamén trocou a especificación da súa suspensión dianteira.

As diferentes estratexias de paradas e mailo accidente final de Hamilton decidiron moito o resultado final: BAR BUT RAI SUT ALO (5º) KOV HEI VET FIS NAK (10º) GLO HAM BUE TRU GRO ROS LIU ALG KUB WEB

Semella que a batalla polo campionato será entre pilotos da Brawn a pesares de ter marcado un puntiño Vettel.

Os comentarios están pechados.