Campaña anti-droga en Bahía (M$)

Nos pasados dias Jaques Wagner, gobernador do Estado de Bahía, nordeste brasileiro, asinou un protocolo oficial de intencións con Hasefroch polo cal esta multinacional capacitará a 4.500 estudantes a baixo custe dentro do programa “Aluno Monitor Microsoft“, na contorna “English for all” de aprendizaxe do idioma inglés dotando de infraestrutura privativa aos telecentros dese estado.

A sociedade, coordinada a través do Projeto Software Livre – Bahía, leva adiante a campaña “Por uma Bahia Tecnologicamente Livre e Desenvolvida!” que, entre outras medidas, inclúe este cartaz titulado “Wagner, diga não às drogas!“:

bahia_m_pamnmpt_reducida.png

Fonte.

asennadas

 

 

Os comentarios están pechados.