GP Xapón, venres – 20091002

Previo

Aparte da nova da fichaxe de Alonso por Ferrari da que cadrou que escribira onte sen ter a aínda a confirmación dela, houbo algunhas novidades que deixo en resumo, coma sempre. A ela hai engadir que Ferrari dismintiu as informacións do soldo e migración de persoal á Scuderia cun sinxelo “si tratta di pure invenzioni, dalla A alla S“, en evidente alusión ao xornal AS. Logo o mesmo Stefano Domenicali o comenta nunha entrevista. E longa entrevista tamén é a de Lobato a Alonso.

Chamoume moito a atención a dedicatoria de Alonso a Briatore e até asusteime cando Jean François Caubet, o director xeral, declarou que Alonso non estaría con Renault en 2010 porque podía ser tomado como unha reprimenda da escudería ao asturiano… Ao final só foi o anticipo da fichaxe con Ferrari.

A fichaxe de Alonso implica a saída de Raikkonen. Os rumores sinalan conversas con McLaren onde declaran que poden manexar ben ao finés como compañeiro de Hamilton. Pola outra banda, coméntase que  se o sistema de puntuación fora o proposto pola FIA, é dicir, aquel onde o campionato decidiríase polo número de victorias, provocaría o final deste campionato xa que logo Button sería o novo campión en Singapur. O xornal Daily Mail di ter descoberto á testemuña “X” do caso crash-gate. Sería Alan Permane, xefe de enxeñaría de Renault. Queréndose aproveitar disto, Massa solicita a cancelación da proba do pasado ano xa que logo deixaríao como campión do 2008! Por certo, Massa xa está a adestrarse con karts.

Toro Rosso confirma tamén aos seus pilotos, seguirán Buemi e o catalán Alguersuari.

Adestramentos

En canto á xornada de adestramentos de hoxe, houbo choiva tanto na primeira como na segunda. Os tempos son moi pouco significativos. Porén velaquí deixo a clasificación dos primeiros: KOV NAK SUT FIS BUE HAM ALO (7º) RAI BAR ROS WEB LIU TRU ALG (14º) KUB HEI VET BUT KOB GRO. Nesta clasificación aparece Kamui Kobayashi pois tivo que substituir a Glock, de baixa por gripe.

Na segunda tanda as posicións foron: SUT VET LIU HAM NAK BUE ALO (7º) TRU ALG (9º) KUB RAI KOB WEB GRO FIS ROS HEI KOV BUT BAR. Os tres últimos nen sairon á pista.

2 ResponsesGP Xapón, venres – 20091002 to “”

  1. Xa era hora de que volvera Suzuka¡

    É interesante poder ver algo que sae dos “tópicos” dos que xa nomei antes “novos afeccionados a F1” .

    Supoño que en breve sera o salunauto, tamen na Coruña, en expocoruña.

    Que a recuperación sexa boa : )

    Un saúdo.

  2. Recuperación lenta pero en continuo progreso, thanks!