GP Xapón, domingo – 20091004

Previo

Tralas múltiples penalizacións de onte, hai uns intres que vén de publicarse a grella definitiva. Chama a atención o sexto posto de Barrichello, non penalizado aínda non se sabe ben por que, polo espectáculo? A verdade é que o campionato posiblemente ha decidirse máis adiante porque Button si foi penalizado, sairá décimo e cunha estratexia moi semellante. Unha excelente explicación sobre este caso pode ser esta nova.

Con isto, entre outros, Alguersuari benefíciase saíndo 12º (o seu mellor ata agora) e Alonso 16º. Kovalainen tamén retrasa cinco postos por torcar o cambio e Glock non sae polo choque de onte.

Lobato anuncia que Ferrari vén de acadar o permiso da FIA para que Massa probe cun F1 do ano pasado e neumáticos de GP-2. Tamén faise unha entrevista a Gené que salientou o moito que desexan el e todos en Ferrari. Marc quere contarlle a Alonso todo o que sabe da Scuderia. La Sexta fixo unha enquisa e os resultados foron que a absoluta maioría cre no éxito de Alonso. Si, moitos desexamos iso pero aproveito para subliñar que fichar por Ferrari non é sinónimo de garantía, pois a máis mítica das escuderías ten unha historia repleta de éxitos pero tamén longas épocas de seca.

Carreira

Alonso apostou por unha parada e polo aforro de combustible ata o xiro 31 o cal serviulle para adiantar a Nakajima e Liuzzi durante a primeira parada. Boa carreira a de Alguersuari pero o catalán non remata pois perdeu o control na 130R trala segunda parada. E o safety-car sae a pouco do remate.

Resultado: VET TRU HAM RAI ROS HEI BAR BUT KUB ALO (10º) KOV FIS SUT LIU NAK GRO WEB ALG BUE. Ollo que Barrichello non se achega a Button máis que nun punto e Vettel mantén apenas as súas oportunidades.

One ResponseGP Xapón, domingo – 20091004 to “”

  1. Magoa o topetazo de Alguersuari, quizais este rapaz ten que ir un pouco máis a modo, fora mellor que acabase ainda que fose de último que destrozase o coche… polo demais apunta forte este rapaz.

    De novo unah carreira soporifera, menos mal que tamén habia motos, así que en unha tele f1 e noutra motos 😛