Rematou a F1

Nen tanto pois queda aínda un GP e unhas máis que agardadas novas temporadas. Este ano decidín escribir sobre a paixón que teño por este deporte-espectáculo-mundos-rosa-e-de-negocios.Valeu Senna!

Porén, no seguirei a darlle continuidade a esta labor redactora. Teño moitos compromisos a cotío que en moitas ocasións exténdense tamén ás fins de semana. Tampouco me gusta facelo comprometido, gústame redactar, informar ofrecendo o meu parecer cunha chea de ligazóns, sexan en castelán, brasileiro, inglés ou italiano.

Daquela confirmo que remato, maila ser só de xeito comprometido pois ocasionalmente é posible que siga escribindo. Será? De feito, isto tamén está a afectar a miña liña diaria coas novas sobre SwL, internet… Hai uns meses que xa nin non podo escribir a cotío, como sempre fixen desde 2003!

Grazas a quen me lera e, sobre todo, a Juan Fco. e Tonio pois sempre foi unha ledicia compartir opinións e ideas.

Até já! Grande abraço!

3 ResponsesRematou a F1 to “”

  1. É unha mágoa , foi interesante poder compartir e intercambiar ideas sobre F1 sobre todo con alguén que non se queda nunha visión xeneraliza dos xa nomeados antes “novos afeccionados” a F1.

    Que vaia ben¡

    Un saúdo.

  2. Si, é certo, non podo con tantas frontes abertas. Pero escribir sobre os GPs desta temporada foi emocionante, divertido e tamén un pracer. Alédome moito telo feito maila, como digo, non poder estar pendente de tantas cousas.

    Seguirei a F1, coma sempre, só que sen escribir sobre ela de xeito comprometido. Confío, iso si, de cando en vez pór algo e así tervos a vós preto, comentando, compartindo.

    Foi un pracer, Juan. A ver cando nos coñecemos en persoa! 🙂

    Apertas

  3. […] a abandonar este blog. En parte por migrar a parte técnica a este de Tegnix, tamén por decidir deixar de escribir sobre F1 e, como non!, por non ter tempo para […]