Yahoo! baseará nova estratexia no Código Aberto

Coa súa recentemente anunciada estratexia Y!OS (Yahoo Open Strategy), Yahoo pretende recuperar o diferencial que a empresa leva perdido nestes últimos anos.

Para atinxir ese obxectivo abriranse todas as súas webs, servizos online e aplicacións web ao desenvolvemento para ofrecer aos usuarios un ambiente de control do ‘seu perfil social‘ en todos os servizos do Yahoo.

Nunha entrevista a IDG, Neal Sample, Arquitecto Xefe da Plataforma Yahoo, dá máis detalles sobre a Y!OS, un proxecto que naceu no comezo do ano 2007 e foi lanzado internamente en setembro.

Entre outros detalles, Sample di:

Ao formular esta estratexia tivemos bastante apoio dos produtos (como Yahoo Mail, Messenger e Flickr). Falamos sobre o que queriamos facer e como queríamos crear un novo Yahoo, coa implicación de todos.

Os próximos meses, os produtos irán reflectir en elementos da estratexia Y OS. O primeiro desenvolvemento ocorrerá nas procuras (por medio do proxecto Search Monkey). Nós collemos unha das nosas maiores e máis importantes plataformas, e na cal están os requerimentos de rendemento máis severos e comezamos a abrila aos desenvolvedores.

(..) Yahoo era bastante homoxéneo no inicio pero medrou moi rapidamente en 14 anos, dividíndose en moitos segmentos, tanto organicamente como por medio de adquisicións. Nós somos o número un en sete diferentes frentes e competimos en moitos outros.

(…) Nós xa temos servizos e aplicacións consistentes. A próxima evolución é engadir o ‘social’ a esas ferramentas, na contra de seguir o camiño contrario.

(…) Traballando de forma verdadeiramente aberta, temos dúas oportunidades que outras redes non están necesariamente ofrecendo. A primeira é levar o Yahoo fóra da rede por medio de APIs (Application Programming Interfaces), entón vostede pode ter acceso á conexións e experiencias do Yahoo para incrementar estoutras redes sociais. Outra posibilidade é traer as redes sociais a Yahoo. Se as mellores aplicacións feitas por desenvolvedores elevan o noso nivel de competitividade (…) entón tamén estamos abertos a esa posibilidade.

(…) Parte da nosa estratexia é regularizar estes perfís (de usuarios) e concentralos nun único lugar, reducindo a confusión do usuario. Imos facer un único panel para que atualize as súas informacións, saíndo de 25 Yahoos diferentes con 25 perfís cara un único Yahoo e soamente un perfil.

(…) Demos os primeiros pasos relanzando a nosa web da rede de desenvolvemento YDN (Yahoo! Developer Network) fai algunhas semanas. Ademais diso, hai unha iniciativa ao redor da Y!OS para regularizar servizos web e dar aos desenvolvedores só un punto de acceso. El vai usar a súa identificación ou credencial de desenvolvedor para ter acceso á APIs do Yahoo de forma unificada.

(…) a nosa terceira fase, que consiste en abrir Yahoo en calquera lugar. Iso refírese a permitir que os usuarios controlen os seus datos con total transparencia. A información é esencialmente deles e pode ser usada da forma como eles queiran.

(…) Existe un debate en toda a industria sobre ‘o momento en que o resultado da procura vai cruzar a liña do uso correcto do contido de terceiros.’ Esa é unha cuestión interesante, e o Search Monkey vai permitir que avaliemos o impacto destes cambios para o usuario. Iso é revolucionario, non evolutivo, para a procura: a capacidade dun usuario instalar unha aplicación que ‘remexz’ resultados facendo con que a procura deixe de ser unha experiencia programada estática e pase a permitir que el inclúa todas as fontes de informacións dispoñibles. Conforme aprendemos máis a respecto Y!OS e os usuarios dannos retorno, chegamos a un período de descubrimentos.

Fonte.

asennadas

2 ResponsesYahoo! baseará nova estratexia no Código Aberto to “”

  1. […] un ambiente de control de "su perfil social" en todos los servicios de yahoo. Vía: brenlla.blogaliza.org/2008/05/14/yahoo-baseara-nova-estratexia-no-codi/ sin comentarios en: tecnología, software libre karma: 9 etiquetas: yahoo, open source votos […]

  2. Yahoo! baseará nova estratexia no Código Aberto…

    Coa súa recentemente anunciada estratexia Y!OS (Yahoo Open Strategy), Yahoo pretende recuperar o diferencial que a empresa perdido neste últimos anos. Para atinxir ese obxectivo abriranse todas as súas webs, servizos online e aplicacións web ao des…