Fork para que o OLPC siga con SwL

Entérome en BR-Linux dunha nova de IDG Now! sinalando que no mesmo dia no que o proxecto OLPC (One Laptop per Child) confirmaba o acordo con Hasecorp para que o portátil para cada neno levera un sistema operativo privativo Window$ XO, Walter Bender, o antigo presidente dese mesmo proxecto, tamén anuncia o Sugar Labs. Trátase dunha organización que promove o desenvolvemento da interface de uso orixinalmente creada para o proxecto OLPC.

Así, a Sugar Labs Foundation pretende crear distribucións do Sugar para diversos hardwares e plataformas de código aberto alén do XO (ou computadora portátil de 100 dólares).

“Por ser independente de calquera plataforma específica de hardware e por permanecer adicada aos principios do Software Libre, Sugar Labs garantiza que outros poderán desenvolver diversas interfaces e aplicacións escollidas por gobernos e escolas. (…) É difícil imaxinar que a integración no Windows sexa feita sen a cooperación ou participación dos desenvolvedores Sugar”.

“Nestes intres, polo menos, a OLPC continua a financiar o desenvolvemento para anticipar unha asociación produtiva, independente do feito da OLPC ofrecer versión do XO con Windows XP”.

Bender saiu da OLPC no último mes namentres a fundación comezaba a integrar o Window$ XP no XO.

O fundador orixinal do proxecto OLPC, Nicholas Negroponte cuestionou o desenvolvemento do Sugar, pois considera que sería ideal que a comunidade de desenvolvemento se unise e axudase a integrar o Sugar ao Window$ para tornar o XO máis interesante a usuários.

Acontece que os desenvolvedores da comunidade consideran ofensivos os comentarios de Negroponte.

asennadas

Os comentarios están pechados.