Emprender con Redes Sociais

Redes SociaisAsistín no pasado 15 de maio de 2008 ao evento organizado polo IGAPE titulado “Dia do Emprendedor” aínda que só adiquei o meu tempo á sección Sw Libre, coordinado por Javi Vázquez.

Como adoita acontecer neste tipo de eventos, un énchese con novas perspectivas, abre a mente e afianza os propios criterios. Sen concordar completamente con todos, por algo somos seres individuais que viven en colectividade, enumero algunhas ideas anotadas dignas de seren evaluadas:

  • Eduardo Manchón constuiu o seu proxecto (Panoramio) xunto ao seu amigo e socio, distantes mais sempre en rede, vestindo camiseta, sen horario mais cunha confianza absoluta. Cre que é mellor traballar sen un modelo de negocio e considera que errar é sempre positivo.
  • Juan Freire estivo magnífico, impactante, convincente. Para el o SwL sobrepasa as fronteiras da tecnoloxía ata convertirse nunha nova de entender a realidade. A Rede e, máis concretamente, as Redes Sociais están a demostrar que o modelo Xerárquico é obsoleto neste século, perdendo eficacia frente ás innovacións acontecidas grazas ás novas conexións e funcionalidades engadidas da coñecida como Web-2.0.
  • José Juan Glez. Alonso de Igalia comentou a historia, o modus operandi e perspectivas da empresa facendo fincapé no seu caracter cooperativista e asembleario.
  • Roberto Moreda de Allenta comentou a súa estratexia empresarial e deu ánimos ás novas empresas start-up porque no eido tecnolóxico adoitan seren respectadas, gozando de credibilidade polo seu elevado grao de especialización.
  • Dani Armendáriz de Ikusnet, foi moi breve, se cadra demais para o moito que me estaba gustando a súa intervención. Centrouse nalgo básico, a persoa e a empresa (dinñeiro, saúde e amor).
  • Nacho Correas, CEO de EBOX Plataform, pasou por todos e cada un dos anos da iniciativa empresarial, sinalando as aprendizaxes adquiridas e as súas expectativas de futuro.

Como é costume neste casos, tiven a sorte de compartir experiencias, tanto persoais como na empresa C.T.I. TEGNIX, ao longo da tarde mentres íamos de visita polos garitos e monumentos da cidade vella de Compostela.

O que teño claro é que no noso presente unha organización TIC debe primar ás persoas que as compoñen, favorecendo a xeración de ideas, abríndose á realidade e ás Redes Sociais.

2 ResponsesEmprender con Redes Sociais to “”

  1. 1- Sí sí claro, por iso se non estou trabucado vendeu panoramio a Google -Empresa que apoia o sw libre pero que non traballa só de sw libre, xa sabes unha de cal e unha de area-

    2-o SwL sobrepasa as fronteiras da tecnoloxía… ok pois haber se se pon as pilas en tecnoloxia e logo hai alternativas ao Sharepoint que quere mercar a Xunta… a filosofia esta ben, pero é necesario alternativas reais -productos tecnoloxias é o que se vende no mercado.

    3-Estou de acordo, o futuro modelo de empresa debe ir hacia o modelo aberto, colaborativo sen unha estructura rixida e piramidal.

    4-O malo de isto e que o mercado galego é moi limitado, polo tanto é necesario sair para fora se queremos crecer de verdade, coñezo xente que chegou a marchar ao Xapón, dado que nun radio 200km teñen un potencial de 40millóns de posibles clientes. Iso é unha StartUp con potencial 🙂
    http://www.kirainet.com/mirai-inc/

    5- Ousexa a interacción empresa-familia-vida social, isto é fundamental para o bo funcionamento dunha empresa, xa sabes traballador contento = traballador productivo.

    Ale, o importante de isto e sacar leccións aprendidas, ollar o futuro e ver o que pode ser… que será será…

    S2!!!

  2. bluehost coupons 2013…

    asennadas » Emprender con Redes Sociais…