Condicións e limitacións da GPL

Deixo unha transcrición parcial moi elocuente dun traballo feito por Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado) sobre as condicións e limitacións da licenza pública GNU, coñecida como GPL.

Os obxectivos fundamenatais da licenza pública GNU son:

  1. Protexer o software baixo Copyright e
  2. Dar o permiso legal para copiar, distribuír e/ou modificar o software libremente.

En definitiva, cando a licenza fala de Software Libre, está facendo referencia á Liberdade, non ao prezo. Estas Licenzas Públicas Xerais están deseñadas para asegurar que se teña a liberdade de distribuír copias de software libre (e cobrar por ese servizo se quere), de que se reciba o código fonte ou que poida conseguirse se se quere, de que se poida modificar o software ou usar fragmentos del en novos programas libres e de que se saiba que se poden facer todas estas cousas.

A efectos da lexislación española, o que se pretende é conservar intactos os dereitos morais sobre a obra, e permitir a libre explotación por terceiros dos dereitos patrimoniais a condición de que se cumpran unha serie de condicións recollidas expresamente na Licenza. Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos.

Deixo a ligazón a esta transcrición parcial (documento en formato .odt de tres páxinas).

asennadas

One ResponseCondicións e limitacións da GPL to “”

  1. […] unido ao seu traballo que publiquei nesta entrada cando sinala que “Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, […]