Brenlla vaise a Angola

Quen escribe vén de confirmar que do vindeiro 25 de xuño ao 1 de xullo irá convidado a un evento sobre SwL en Luanda, capital de Angola, que está a ser organizado polo angolano Marcio Cándindo e o carioca Marco Lima, participante este último nas “Xornadas GalegoLusófonas do Porriño ” organizadas por AGNIX no 2006 .

A idea é expoñer as experiencias galegas nesta materia desde diversas perspectivas (comunitaria, asociativa, desenvolvedora, política, empresarial e cultural) abrindo lazos de irmandade lusófona entre as comunidades aló presentes: portuguesa, brasileira, angolana e galega.

O sitio web do evento é www.fsl-luanda.com.

asennadas

One ResponseBrenlla vaise a Angola to “”

  1. AchubaWeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee!!!!!!!!!

    Oes que pasada, sí xa sei en certo modo pode supoñer un pouco de medo e todo iso pero por outro é unha oportuindade única de ver como o sw libre pode contribuir ao desenrrolo de paises que queren avanzar, aproveita esta oportuindade para ver máis alo do que vemos os que quedamos aquí… unha realidade a flor da pel!