IBM anuncia o Lotus Symphony 1.0

Trátase dunha suite ofimática baseada no código de OpenOffice.org que está a recibir moitas loubanzas sobor de todo pola mellora da usabilidade, unha contorna máis amigable e o soporte ao estándar ISO/IEC 26300 do ODF.

Lotus Synphony é de balde mais está complexo saber se tamén é libre ou tan sequera de código aberto. Este comentario disque IBM mercou unha licenza a Sun Microsytems para manter o código pechado, algo que parece ser refutado porque a súa descarga ten que ser feita a través da web.

A suite ofrece unha interesante colección de complementos (plugins) e o galego non está incluido entre os idiomas soportados.

asennadas

One ResponseIBM anuncia o Lotus Symphony 1.0 to “”

  1. […] e até vender o  desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da […]