Confirmada a viaxe a Angola

Con todo rematado (visado no pasaporte, certificado sanitario de vacinas, seguro de viaxe e un sen fin de detalles máis), xa podo confirmar que irei a Angola a participar no “I Fórum de Software Livre de Luanda“. Neste evento estarán representantes de Brasil, Portugal e Angola, todo organizado polo secretario xeral da asociación angola de SwL Marcio Candido. Valeu Marcio!

Irei en representación de AGNIX, C.T.I. TEGNIX, AGASOL agardando a confirmación doutras entidades.

De ter conexión á rede alá intentarei ir informando do que aconteza.

Ata a volta!

asennadas

Os comentarios están pechados.