I FSL Luanda (080623), de paso por Lisboa

Leandro, Marcio, Ralf (UDP) e servidorChegou o dia da partida ao I FSL (Fórum de Software Livre) de Luanda. Saín moi emocionado por ter que deixar á familia tanto tempo, ir tan lonxe e, como contarei, con moitos temores ao descoñecido.

Os temores son moitos pois aínda hai pouco que Angola está en paz. Campos minados ou escasa entrega voluntaria de armas únense aos coñecidos temas sanitarios de ausencia de auga potable, enfermidades (malaria, cólera, febre amarela…). Dá para ir con moito respeito. Máis na Galipedia e na Wikipedia en portugués.

Fixen Coruña-Lisboa en bus, cheguei á estación Oriente antes das 19 hs, case que dez horas de viaxe. Fun directo ao hotel e rapidamente saio na procura de camisas de manga larga e claras que axuden evitar aos mosquitos. Á volta escribín á familia e ducha.

Estaba pensando en estar online ata a hora de durmir cando recibo a chamada de Leandro Malaquias. Xunto a el viñeron recollerme Marcio e Ralf Braga, o mesmo que me convidara ao evento de Lisboa do ano pasado e xa preparando un novo sobre seguridade para novembro. Só saímos a unha terraza a conversar e pasar un tempo xuntos.

Din que Portugal é un reino M$ e os vin desanimados porque ademais son inmigrantes e síntense sen lexitimación para demandar ao goberno algo neste eido. Preguntaron moito polo SwL en Galicia e, claro, se xa son falador…

Os comentarios están pechados.