I FSL Luanda (080624-25), chegada e primeiro dia en Luanda

Con Mauro nos A viaxe a Angola foi moi boa, sen turbulencias nas sete horas que durou. Cheguei de noite, ás 19 hs, e todos os pasaxeiros tivemos que pasar por interminables colas coas que fichaban a nosa entrada enchendo de carimbos todos os documentos. Tanto así que a media dúcia de persoas ‘carimbando’ parecían en batalla cando coinicidían todas elas a facer o mesmo, un ruido moi característico.

Tras unha hora de espera comezou a saída real do edificio e, tal como mo prometera, Marcio estaba alá co seu primo Mauro esperando. Foi un alivio, con certeza. Daí ao hotel, un edificio para deportistas, a carón do estadio dos “Palancas Negras“, o club de fútbol da capital.

O cuarto cheiraba a insecticida pero non importou nada porque era básico non ter mosquitos, outro alivio. Marcio chamou á miña casa para deixar tranquila a familia. Xantamos no mesmo hotel e logo fun para cama, moi canso.

Hoxe xa espertei cun viciño brasileiro que participará no evento, Alberto Sato, especialista en VoIP (Asterisk). Entón Mauro, Alberto e eu saimos ás embaixadas brasileiras e española a seguir o procedimento recomendado, é dicir, anunciar a nosa chegada, comentar onde estamos aloxados, etc. Así, tivemos a oportunidade de ver de perto o país, chamando a nosa atención a grande cantidade de obras que están a facer, con guindastres por todas partes, xunto con pobreza e abundantes todoterrenos de luxo no medio dunha caótica circulación. Semellaba un “sálvase quien pueda“.

Comimos moi ben, nun restaurante que factura ‘ao peso’ tras elexires a comida nun autoservizo. Non debo tomar xeo, agua só se é embotellada, nada de ensalada nin froitas agás as que eu mesmo pele. Así son as regras e consellos do Mº de Sanidade.

De volta ao hotel, por fin, conseguimos conexión a internet (128 Kbps e compartida con Alberto) e preferimos ficar sen sair para traballar uns intres.

Estamos á espera de que veña máis xente pero non moita máis porque foron caendo por diversos motivos: burocracia non deu para ter todo certo a tempo, problemas persoais e até penso que algúen desistiu. Acho que o amigo Cabelo non poido ao fin atopar un voo con praza libre.

Os comentarios están pechados.