I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento

Xentes, xa estou de volta na Coruña!

Por mor do evento en si, os compromisos e maila viaxe de volta non puiden escribir nada e menos conectarme a internet.

Polo de agora deixo un video feito desde o asento traseiro do coche de Mauro amosando a viaxe de retorno ao hotel desde un restaurante que ‘factura por peso’.

[gv data=”8lfdJA_XW9w”][/gv]

Deixo tamén un video que require unha outra entrada no blog porque ao final pasamos un gran susto que marcaría o resto da miña estadía na Angola.

[gv data=”NXGH5x-96aA”][/gv]

 

Corinto Meffe ten a súa propia opinión, non exactamente compartida por min. Por exemplo, non concordo con el cando di que “Mauro foi obrigado a sair do carro a discutir…” porque Mauro saiu voluntariamente do seu carro.  Ou tamén cando sinala que ” Em função do susto do Roberto ficamos com pouca mobilidade pela cidade e passamos boa parte do tempo no quarto do hotel“. Acho que só eu, teimosamente certo, quixen ficar no hotel mas iso non supuxo ningunha obriga a ninguén a seguir a mesma actitude.

4 ResponsesI FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento to “”

  1. Wellcome meu!!!!!!!

    por certo é sorprendente a cantidade de todoterreos de alta gama de aparecen nas imaxes, ruas esnaquizadas, aceras que non existen…

  2. Exactamente rúas esnaquizadas, pragadas de baches, socavóns… O ambiente está cheio de ‘poeira’ e xunto ás persoas com pobreza evidente e coches destartalados… hai, efectivamantre, unha morea de coches 4×4 de alta gama. Por exemplo, un deses que aquí custaría 30.000 euros (~40.000 dólares), alí telos por $20.000 pois non pagan IVE e outros impostos iniciais. Ademais o litro de gasóleo está por 0,25 euros e gasolina por 0,40 euros…
    Case que todo o demais é moito máis caro: comida, hotel…

  3. Roberto, para tranquilizarte contareiche que a Angola semella moito máis civilizada que a República Democrática do Congo onde eu estiven. ¡Pero si non se ven máis que carros e máis carros polas estradas! Ainda e todo, non é ningunha sorpresa que non saíras do hotel despois do susto. Compréndoche perfectamente por

  4. …porque a sensación de ausencia de seguranza é total. Se non confías no que che leva de aquí para alá ao 100% rematas por querer ficar no hotel tranquilo e seguro.