Adeona, rastrexando portátiles

Adeona é un sistema con licenza GPL que vai rastrexando o dispositivo portátil onde estea instalado de tal xeito que, segundo din no propio proxecto, sirve para atopalo doadamente cando o perdas ou sufras o seu roubo.

O software non traballa cun sistema central propietario, é dicir, quen instala o programa non ten que confiar en terceiras partes senón que perserva a privacidade

Adeona está deseñado para usar o servizo de almacenamento distribuido e de código aberto chamado OpenDHT. Así, o programa cliente monitoriza continuamente a actual localización do dispositivo grazas a informacións como a súa IP e maila topoloxía de rede. Todo ilo empregando potentes cifrados para garantir o anonimato

Os puntos suspensivos que fun deixando son provocados polo posible mal uso que poida facer desta ferramenta. Así o sinala a fonte desta nova:

“Non pode constituír Adeona un sistema de rastrexo en toda regra e un posible atentado contra a privacidade que di protexer? Explícome: instala o cliente no portátil do teu noivo/a, esposo/a, empregado/a e terás unha referencia constante e permanente da súa localización.

Tecnoloxía de dobre uso, xa o sei, pero en calquera caso, a min paréceme mellor como sistema de espionaxe que como sistema antirrobo…”

E todo ilo, claro, se quen roube o trebello non se lle dá por formatalo todo.

Curiosamente sobre este software tamén hai unha entrada recente e moi ampla nesta páxina.

asennadas

Os comentarios están pechados.