Debian anuncia novidades na Lenny e no instalador

Dentro das Novas do Proxecto Debian do 21 de xullo 2008 destacan:

  • Actualizacións no proceso da versión “Lenny”

Luk Claes enviou unha actualización concernente á vindeira versión estable Debian 5.0 “Lenny. Unha parte importante parte é que a transición de paquetes desde unstable a testing será conxelada para concentrarse na depuración de erros. Asemade, Ana Guerrero comenta a situación dos paquetes KDE4.

  • O instalador de Debian soportará a carga de firmwares externos

Joey Hess comenta que o futuro intalador terá carga de firmwares baixo demanda. Xa que logo algúns controladores (drivers) necesitan cargar certos anacos antes de que o dispositivo poida operar con eses firmwares que non concordan coa Guía de Sw Libre de Debian,  algúns dispositivos só poderían estar operativos tras ser Debian instalada satisfactoriamente e o acceso a internet ter sido configurado coa sección ‘non-free‘ activada. Isto fallará se o controlador da rede de seu se necesita para que o firmware opere.

Coa nova funcionalidade é posible baixar os arquivos de firmware nun medio separado, como por exemplo un lapis USB. Así, o instalador de Debian automaticamente cargará os arquivos que precisa. Joey tamén subliña que o equipo Debian-CD está construindo paquetes de arquivos comprimidos que conteñen todo o firmware que Debian leva en ‘non-free’.

Outras novidades de Debian nesta entrada.

asennadas

Os comentarios están pechados.