Estudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS

estudo_oreilly.gifVisto en Barrapunto e traducido ao galego a partir de Comunidad Linux:

 De acordo a unha nova e custosa investigación de O’Reilly existen polo menos 6 razóns para o rápido crecemento do software de código aberto ou open source. Axilidade e escalabilidade, independencia de fabricante, calidade e seguridade, custo e innovación. Sen importar cal destas sexa a máis forte as descargas desde Sourceforge.com continúan medrando.

Nunha área en particular o software de código libre brilla e é a habilidade de escaparse de quedar atrapado cun fabricante de software. Segundo o estudo:

Debido a que os fabricantes de software practicamente non teñen medo de ser substituídos, atópanse na posición de cobrar altos cargos de mantemento e actualizacións. Por exemplo Oracle acaba de anunciar un aumento dun 20% no custo do seu software de base de datos (acompañado tamén dun crecemento do mantemento do mesmo) completamente seguros de que moi poucas empresas atópanse na posición de resistir este aumento debido á dificultade de substituír os seus produtos

Sen importar o prezo asociado a relacionarse con Oracle, Microsoft, SAP, IBM, HP, etc. algúns compradores corporativos comezan a reflectir o custoso que sería desfacerse destas relacións. Tecnoloxías como SaaS que poderían ser moi boas para os clientes poden ser facilmente evitadas por fabricantes que son donos dos seus clientes.

Esta situación incita a Sun, Red Hat e a outros vendedores open source a prover aínda máis solucións abertas. Os clientes non deberían ter que elixir o menor custe entre dous vendedores. Deberían gañar opcións cando compran software, e non perdelas.

O estudo de O’Reilly e a nova orixinal en inglés.

Nota: FLOSS equivale a Free/Libre/Open Source Software

asennadas

2 ResponsesEstudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS to “”

  1. Tamén hai que botarlle un ollo a quen fai crítica do Open Source dado que é unha forma de aprender e ver erros que o mellor non vemos…

    http://elladodelmal.blogspot.com/2008/07/el-crecimiento-en-la-adopcin-de.html

    Que opinas? é certo ou é falacia.

  2. Lino enteiriño, incluso os comentarios da ligazón que me dás. Lamentablemente non podo opinar pois non teño o mínimo requerido para facelo.
    Só dicir que, como mínimo, debemos agardar por respostas pois o informe arrecende de primeiras a vir do outro bando, como sinala un dos comentarios:
    http://elladodelmal.blogspot.com/2008/07/el-crecimiento-en-la-adopcin-de.html?showComment=1216794360000#c1377454518012039799