Go-oo, OpenOffice.org non é realmente aberta

A nova apareceu en outubro de 2007 a raíz dun problema que empezara hai uns anos co Calc Solver, un módulo de optimización de OpenCalc, escrito por Kohei Yoshida baixo licenza LGPL. Yoshida negouse a cambiar a licenza segundo o desexo e requerimento común de Sun Microsystems para quen desenvolva OOo. Noutras verbas, Sun prefire reescribilo a aceptar a licenza LGPL para daquela seguir mantendo o control sobre o desenvolvemento e autoría de OOo perservando así  os seus valores comerciais.

As razóns para o comportamento de Sun son obvias. Entre elas, conservar o dereito de autor (copyright) sobre todo o código de OOo permítelle ofrecer versións abertas (OOo), versións propias (StarOffice) e até vender o  desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da IBM).

Velaí que xurde Michael Meeks de Novell (tamén desenvolvedor de OOo e GNOME) decidindo lanzar un atrevido fork de OpenOffice.org, nomeadamente Go-oo.org. Segundo reza o slogan, Go-oo pretende ser “Mellor, máis rápida e máis libre” . O proxecto está a medrar paseniño mais firme pois até dispón melloras significativas e diferenciadas.

Meeks vén de ofrecer unha entrevista durante a sú aparticipación na GUADEC de Estambul da que tiven coñecemento por esta nova.

asennadas

Os comentarios están pechados.