Análise da popularidade de GNU/Linux no mundo

GNU/Linux no mundoO mapa de GNU/Linux está constantemente cambiando cunha comunidade moi forte tanto desenvolvendo como usando. Mais, onde é máis popular? Cales distros son as máis populares?

Para respostar estas cuestións Royal Pingdom ollou os datos obtidos pola ferramenta de Google nomeada Insights for Search.

Alén de procurar Linux incluíronse varias distros: Ubuntu, OpenSUSE, Fedora, Debian, Red Hat, Mandriva, Slackware e Gentoo.

Como determinaron a popularidade?

Ollando por termos específicos e por rexións. Por exemplo, “Linux” ou “Ubuntu” por zonas. Google chámao “interese rexional”.

Se unha alta proporción de procuras nun país refírense ao termo “Linux” isto debería indicar o popular que é GNU/Linux nese país ou alomenos o nível de interese.

Popularidade global de Linux

A nível global, o interese por GNU/Linux semella ser máis elevado en India, Cuba e Rusia, seguido da Chequia, Indonesia e Bangladesh. O primeiro país occidental en popularidade é Alemaña co 10º posto na xeral.

Popularidade global de distribucións

Das oitos seleccionadas obténse estes resultados:

  • Ubuntu é máis popular en Italia e Cuba.
  • OpenSUSE o é en Rusia e Chequia.
  • Red Hat en Bangladesh e Nepal.
  • Debian en Cuba.
  • Cuba está no top-cinco con tres das oito distros elexidas na enquisa.
  • Indonesia está no top-cinco con catro.
  • Rusia e Chequia están con cinco no top-cinco.
  • EE.UU. non está no top-cinco de ninghuna disto.

Persoalmente considero que os resultados ofrecidos son un tanto ilusorios dado que rexións e países como Estremadura ou Brasil apenas figuran encabezando as listas sendo os pioneiros neste eido. Probablemente porque o conxunto de usuarios e desenvolvedores han ir directamente a portais especializados e ben maduros.

Estas e outras puntualizacións poderían engadirse, con certeza.

O estudo foi atopado grazas a esta fonte.

asennadas

Este comentario que vén na fonte fixou a miña atención. Sinala que a Chequia é a principal usuaria de OpenSUSE pero que a causa pode ser a coincidencia de ubicación coas orixes do seu desenvolvemento, daquela noméandose SuSE.

Sen entrar en avaliar o caso checo, o que si semella confirmar o comentario é xustamente o que escribín arriba. Son resultados para collelos con pinzas. Abonda pór os exemplos estremeño, andaluz, alemán, brasileiro ou galego. Estas zonas ben poden acudir directamente a portais que lle interesen, sen pasar por Google. Hai políticas, distros e diversas iniicaitvas típicas de mercados en estado de clara maduración. O mesmo pódese extrapolar para o caso de EE.UU. ou Francia.

Porén, Italia, Cuba e me atrevería incluir varios máis, están na fase de achegamento, sobre todo a segunda. Daquela é normal que se fagan masivas pesquisas no buscador nº1 do mundo.

Sexa como fora, incluindo algunhas salvedades, o traballo ofrece resultados que se engaden a base do coñecemento sobre a evolución do SwL e grazas a todos eles podemos formar a nosa propia opinión.

3 ResponsesAnálise da popularidade de GNU/Linux no mundo to “”

  1. http://www.gaulia.com/public/website/blog/index.php?post=1219493295

    Isto seguro que che interesa

    😉

  2. Boa nova!

  3. Por outra banda, estan a caer un dos principais pilares do mundo linux.

    Erro de seguridade en Red Hat… se a seguridade xa non é o gran apoio de Linux, pouco lle queda.
    http://www.theinquirer.es/2008/08/23/red-hat-confirma-la-brecha-de-seguridad-en-sus-servidores.html