Xornadas de Software Libre en Rianxo

Cartaz das Xornadas de SwL de RsCO sábado 6 de setembro Rianxo sen cabos xunto coa asociación AGNIX e o patrocinio do Concello de Rianxo organizan unhas Xornadas de novas tecnoloxías baseadas en Sw Libre no Cuartel vello de Rianxo.

Os temas a tratar serán:

  • Achegamento ao Software Libre (Roberto Brenlla).
  • Blogaliza, how-to (Pedro Silva).
  • A importancia do uso de padróns (Claudio F. Filho).
  • Install Party” de sistemas baseados en GNU/Linux (Xavi Alonso e Álex González).

Ao remate das xornadas Rianxo sen cabos terá unha Asamblea xeral onde se tratarán temas de interese para todos os seus integrantes.

Máis en RsC.

asennadas

A Xornada, entre outras cousas, servirá de presentación e benvida á chegada definitiva de Claudio F. Filho así como de xuntanza informal de varios integrantes de AGNIX.

No meu caso, aínda que empregue o mesmo título que levo empregando nos últimos anos, adicarei o meu tempo de relatorio para falar do ámbito revolucionario no que nos atopamos e facilitar o entendemento das licenzas libres.
O mapa da localización do evento é este.

Ver mapa más grande

Os comentarios están pechados.