Bolsa de Londres sen servizos informáticos por culpa de M$?

Segundo unha noticia da axencia Reuters, as negociacións de valores na Bolsa de Londres tiveran que ser paralizadas durante sete horas o último luns no transcurso de problemas en computadores.

A causa exacta do problema aínda é descoñecida e probablemente xamais será publicada. O incidente podería ser particularmente incómodo para a Microsoft, que, ao final de 2006, lanzou unha enorme campaña afirmando que a London Stock Exchange (LSE) optara polo Windows en vez do Linux por cuestións de confiabilidade. Obviamente é unha opinión non compartida pola NYSE, a Bolsa de Valores de Nova York, que levan usando Linux e AIX sen paradas.

Esa non é a primeira vez que o sistema Infolect -baseado en .NET, MS-SQL e Windows Server- que usa esa bolsa presenta fallos. Xa en setembro de 2007, a Bolsa de Londres viuse afectada por problemas de conectividade cando tres gateways Infolect non soportaran a demanda.

Fonte.

Outro fallo coñecido nesa mesma bolsa en menos de dous anos foi este do 7 de novembro de 2007. Neses intres xa tiñan pasado por unha custosa actualización tras menos dun ano en funcionamento.

Estes paróns supoñen enormes perdas económicas e suspensións de acordos empresariais. Abonda ler os comentarios das persoas afectadas.

asennadas

One ResponseBolsa de Londres sen servizos informáticos por culpa de M$? to “”

  1. […] pasado setembro cando o sistema Windows TradElect da LSE (London stock Exchange) levou ao mercado a unha parada de case unha xornada laboral enteira. Aínda que a LSE negara que o colapso fora debido ao TradElect, tamén rexeitaron explicar cal foi […]