Como combatir ao Open Source

Leo en Barrapunto que á súa vez vén de Slashdot unha nova que amosa ben ás claras as raíces que están a botar o SwL e o código aberto (open source) en xeral. Así, algúns cren que o modelo de negocios de software privativo precisa de axuda xa que logo dous profesores de negocios das prestixiosas universidades de Harvard e Stanford publicaron a obra “Divide e Conquista: competindo coa tecnoloxía libre en contornas de rede” (Divide and Conquer: Competing with Free Technology Under Network Effects).

Ese traballo de pescuda está adicado a axudar ao persoal executivo de negocios a loitaren contra a avalancha do software open source. Os profesores aconsellan chegar ao mercado o primeiro e manter o produto pechado ao tempo que se segmenta o mercado para daquela obter vantaxa da estratexia “divide e conquista”.

Os profesores tamén recomendan o modelo “abrazar, extender e extinguir” (‘embrace and extend‘), a mesma estratexia que o Departamento de Xustiza dos EE.UU. alegou que empregaba M$. Segundo o estudo, esta estratexia é a idónea cando quen chega primeiro ao mercado é a solución de código aberto.

O artigo remata recomendando a lectura destoutro titulado “open source is having a serious effect on proprietary technology vendors“.

asennadas

Os comentarios están pechados.