Aprobadas as enmendas torpedo

No informe elaborado polo eurodeputado británico Malcolm HARBOUR (PPE/DE), aprobado por 548 votos a favor, 88 contra e 14 abstencións, o Parlamento Europeo salienta que, “a fin de resolver as cuestións de interese público relativas á utilización dos servizos de comunicacións e incentivar a protección dos dereitos e liberdades de terceiros, as autoridades nacionais competentes deben poder crear e divulgar, co auxilio dos fornecedores, información de interese público respeitante á utilización dos servizos de comunicacións“.

A proposta do “paquete das telecomunicacións” (coñecidas como enmendas torpedo) relacionada cos consumidores visa alterar dúas directivas e un regulamento actualmente en vigor. O dereito de mudar de operador de telecomunicacións no prazo dun día, a transferencia de números, o dereito a informacións tarifarias transparentes e comparables, a posibilidade de marcar números verdes a partir do estranxeiro e unha maior eficacia do número europeo de emerxencia 112 son algunhas das novidades aseguradas polo Parlamento Europeo.

Porén, o máis importante é a proposta relacionada cos consumidores, sobre a cal o Parlamento Europeo votou hoxe en primeira lectura (proceso de co-decisión co Consello), que visa alterar a directiva relativa ao servizo universal e aos dereitos dos usuarios, a directiva sobre o tratamento de datos persoais e protección da privacidade nas comunicacións electrónicas e o regulamento relativo á cooperación na defensa do consumidor.

Esta información debe comprender advertencias de interese público sobre a violación dos dereitos de autor, outras utilizacións ilegais e a divulgación de contidos nocivos, ben como consellos e medios de protección contra riscos para a seguranza persoal, decorrentes, nomeadamente, da divulgación de información persoal.

A información de interese público debe ser “actualizada sempre que fora necesario e presentada baixo a forma dun texto facilmente comprensible, impreso e en soporte electrónico, tal como sexa determinado en cada Estado-membro, e publicada nos sitios Internet das autoridades nacionais“.

Paga a pena ler todo este artigo na páxina do Parlamento europeo (en portugués ou castelán).

Ligazón enviada por Ana Miranda.

Aínda e así a cousa puido ser ben peor toda vez que algunhas das máis polémicas enmendas foron rexeitadas.

asennadas

One ResponseAprobadas as enmendas torpedo to “”

  1. Parlamento Europeu aproba as «enmendas torpedo»…

    A proposta do “paquete das telecomunicacións” (coñecidas como enmendas torpedo) relacionada cos consumidores visa alterar dúas directivas e un regulamento actualmente en vigor. Prevé-se alterar a directiva relativa ao servizo universal e aos dere…