Oficina de patentes holandesa migra a SwL

Ben curioso, verdade? Xusto dous dias despois da celebración do dia mundial contra as patentes de software resulta que me entero que a Oficina holandesa de Patentes está a migrar cara Software Libre segundo sinala una nota da propia Oficina, dependente do Ministerio de Economía dese país.

Coa web baseada xa en SwL, esta oficina convértese na primeira organización do goberno holandés en usar código aberto na súa web. Segundo o presidente Guus Broesterhuizen, a oficina está a traballar activamente cara un uso máis amplo do código e mailos estándares abertos. Isto fara que “adicionalmente quen visite o sitio web poderá comprobar con claridade canto lle custará obter unha patente. Isto garantizará que os custes e beneficos de usar patentes sexan aínda máis transparentes, especialemte para as pequenas e medianas empresas“.

Mentres estas patentes non sexan de software…

asennadas

Os comentarios están pechados.